miércoles, 6 de marzo de 2013

+ Contacontos +

O venres 15 de marzo, terá lugar no CSC das Fontiñas o contacontos: Historias de Maletra. O contacontos será ás 18:30 na aula de xogo. Entrada de Balde.

jueves, 28 de febrero de 2013

< GALICIA HISTÓRICA: Lugo, Palas de Rei >

A segunda das viaxes do programa municipal Imos de excursión, da Concellería de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, celebrarase o domingo 17 de marzo, con destino á Galicia Histórica. O prazo para inscribirse nesta excursión ábrese o xoves 28 de febreiro. 

  Os participantes visitarán a Catedral de Santa María de Lugo, o Museo Provincial, o Castelo de Pambre e a igrexa Vilar de Donas. O prezo desta excursión é de 28 euros. Información e inscrición nos centros socioculturais.

jueves, 14 de febrero de 2013

< CULTURA VIVA >

Volve o programa de rutas "Cultura Viva. Fai túa Compostela". 
Pretende descubrir aos propios composteláns espazos e lugares en moitos casos descoñecidos malia a súa proximidade.
Nesta edición destacan os novos itinerarios vinculados á riqueza patrimonial das parroquias rurais, ao traballo dos artesáns en Compostela, aos espazos de creación e os artistas, á arquitectura na Cidade, aos espazos claustrais, ao Castelo da Rocha, aos balcóns de Compostela, ás casas da cidade ...

viernes, 8 de febrero de 2013

+ ANTROIDO +





O sábado 9 de febreiro ás 18.00 h. terá lugar a Festa de Antroido.
Ven e pásao ben!

martes, 5 de febrero de 2013

+ IMOS DE EXCURSIÓN +

Xa temos en marcha o esperado e demandado programa de viaxes e excursións IMOS DE EXCURSIÓN.
A primeira sáida será o domingo 24 de febreiro, con destino a Comarca do Deza. O prazo de inscrición ábrese o xoves 7 de febreiro a partir das 5 da tarde.

martes, 22 de enero de 2013

Programación aula de xogo

Aquí deixámosvos a programación da aula de xogo do CSC das Fontiñas:



< Biblioteca imaxinaria >

Durante os martes de febreiro e marzo, comezará a biblioteca imaxinaria, para nenos a partir de 7 anos.
A actividade terá lugar no CSC de Fontiñas ás 18.30h.

Inscrición e información na aula de xogo.